Santiago de Compostela · dende 1978

Club Atlético Fátima

Fútbol base e fútbol sala para rapaces e rapazas do barrio. Formamos deportistas e, sobre todo, persoas.

Escudo do Club Atlético Fátima
Actualidade

Novas do club

4nov2026
Fútbol sala

Catro deportistas do Fátima, nas preseleccións de fútbol sala da Delegación de Santiago

Hoxe, mércores 4 de novembro, Lara, Leo, Leo e Cosme participaron nos adestramentos das preseleccións de fútbol sala da Delegación de Santiago, convocados pola Real Federación Galega de Fútbol: Leo, Leo e Cosme coa preselección Sub-12 masculina, e Lara coa preselección Alevín feminina.

Estas convocatorias son un recoñecemento ó seu esforzo, á súa constancia en cada adestramento e ó traballo diario de quen os acompaña no club. Tamén son un orgullo para toda a familia verde, que ve como o traballo de base dá os seus froitos.

Parabéns! Seguide gozando do fútbol sala e levando o nome do Fátima con orgullo. 💚

Club Atlético Fátima

1nov2026
Eventos

Fátima de medo: grazas por unha noite terrorífica!

O venres 30 de outubro o campo do Fátima encheuse de bruxas, zombis, momias, vampiros e lobishomes para celebrar o Samaín. Grazas a todas as familias, xogadores e xogadoras, adestradores e comunidade que vos achegastes disfrazados e fixestes posible unha noite de medo… e de moitas risas. Grazas tamén a quen botou unha man coa decoración. Así facemos comunidade. Somos Fátima!

1out2026
Patrocinadores

Grazas a quen nos apoia

Institucións e empresas fan posible que sigamos xogando cada fin de semana. Coñece os nosos patrocinadores.

1set2026
Club

Benvidos á nova web do Club Atlético Fátima

Estreamos páxina web. Aquí iremos publicando resultados, convocatorias, eventos e todo o que pase no club, para que familias, xogadores e xogadoras estean ao tanto de todo.

A nosa misión

Deporte, valores e comunidade

O Club Atlético Fátima é unha entidade deportiva sen ánimo de lucro que ten como obxectivo fomentar a práctica continuada do fútbol e do fútbol sala entre a xente nova de Santiago de Compostela, nun contorno seguro, inclusivo e respectuoso, onde cada xogador e xogadora poida medrar como deportista e como persoa.

Escola de fútbol base

Equipos por categorías dende as idades de iniciación, con adestramentos adaptados a cada etapa e participación en competicións federadas.

Fútbol sala

Sección de fútbol sala para desenvolver técnica, velocidade de xogo e traballo en equipo en pista.

Formación en valores

Respecto, xogo limpo, compañeirismo e esforzo. O resultado importa, pero importa máis como xogamos.

Contorno seguro

Protocolo de prevención da violencia e protección da infancia, cunha persoa delegada de protección de referencia para as familias.

Onde estamos

Datos da entidade

Enderezo social

Travesía Divina Pastora, 28
15702 Santiago de Compostela
A Coruña
Ver no mapa →

Rexistro oficial

C-10214
Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia
Tipo
Clube deportivo
Fundación
1978
Modalidades
Fútbol e fútbol sala
Carácter
Sen ánimo de lucro
Contacto

Queres xogar connosco?

Se queres información sobre inscricións, categorías ou calquera outra cousa, escríbenos.

Patrocinadores

Grazas a quen nos apoia

Sen o seu apoio non sería posible que tantos rapaces e rapazas sigan xogando ó fútbol cada fin de semana.

Patrocinadores principais

Colaboradores