Modestos, xornada 6

Fátima 3 – Zona Vella 2

Goles: Tomé , Roi e Sergio Nieves.

Partido moi disputado contra o ata esa xornada líder. Despois de ir gañando pola mínima unha boa parte da primeira parte un penalti permitiu empatar aos visitante, pero un bo saque de falta permitiu rematar a Roi e adiantarnos xusto antes do descanso.

Na segunda metade o partido volveuse moi físico, con moito contacto, moitas faltas e cada vez máis nervios. O gran gol de Sergio tras unha fantástica xogada individual parecía sentenciar o encontro, pero un remate de cabeza nos últimos minutos puxo emoción ao final.

Gran victoria para colocarse terceiros.

Próximo partido contra o Dubra “B”.

Xornada 24-25/10/2015

EQUIPO DIA PARTIDO HORA CAMPO
ALEVIN 24-10 Compostela B – FATIMA 12:30 Sta. Isabel
BENXAMIN 24-10 Burgo Nacións – FATIMA 15:30 Cancelas
P.BENXAMIN 25-10 X. Oroso B – FATIMA 11:30 Belvís
CADETE 25-10 FATIMA – Cacheiras 11:00 Manuel Paz
XUVENIL 24-10 FATIMA – Bertamiráns 16:30 Manuel Paz
3ª Autonómica 25-10 FATIMA – Zona Vella 16:30 Manuel Paz

Prebenxamíns

Ao tocar xornada de descanso na liga, participamos no XIV Torneo organizado polo San Francisco de Teo. Participamos nas categorías de PB2 e PB1.

Os PB1 quedaron eliminados na fase de grupos tras perder 0 – 5 contra os anfitrións, gañar por 4 a 1 ao Victoria e perder no último partido por 0 – 3 contra o Villestro.

Destacar os bos goles de Breixo e Manu e sobre todo o debut para 6 rapaces que xogaron os seus primeiros partidos connosco e seguro que lles serviron para coñecer o que lles espera a partir de agora na liga.

Os PB2 conseguiron ser campións despois dun bo torneo. Na fase de grupos derrotaron por 8 -0 ao Villestro e por 3 -0 ao San Lorenzo e empataron 3 – 3 contra ó Victoria.

Xa na fase final gañaron por 6 – 0 ao San Francisco de Teo en semifinales e na final por 3 -1 ao Victoria.

Destacar o bo xogo realizado por todos eles, marcando algún gol moi bonito como o de Mario ou o de Jorge. Tamén mención especial para Nico Blanco, que foi quen defendeu a portería na final realizando intervencións de moito mérito.

A próxima semana volve a liga de fútbol 8 contra o Xuventude de Oroso “B”.

12109787_1079695358707211_648789382943913659_o

Modestos, 5º xornada.

Vila de Ordes 2 – Fátima 2

Goles: Nel e Yago.

Bo partido dos nosos que por ocasións mereceron sacar os tres puntos, sen embargo hoxe a sorte estivo de lado dos locais que marcaron as únicas ocasións que tiveron na primeira parte. Destacar os debuts de Yago e Chalo que esperemos que comecen a aportar dende o primeiro momento.

Próximo partido na casa contra o Zona Vella.

Prebenxamín, 2º xornada

Fátima 2 – Santiago “A” 3

Goles: Álvaro e Marcos.

Partidazo o que fixeron os nenos de ambos equipos, encontro moi igualado e con moitas ocasións, os nosos dous goles foron moi bonitos, tanto a vaselina de Álvaro como a falta lanzada por Marcos. Dende aquí queremos destacar as paradas do porteiro do Santiago que foi claramente o mellor do partido.

A próxima xornada tocaría contra o Villestro “C” que se retirou da competición, polo que aproveitaremos a xornada de descanso para acudir a un torneo nos Tilos de fútbol sala.

Prebenxamín, 1º xornada.

Fátima 19 – Vistalegre 0

Por problemas na tramitación das fichas o Vistalegre só presentou 6 xogadores, polo que nós xogamos dende o comezo igualmente con 6 xogadores para estar en igualdade de condicións.

Marcaron goles: Iago (3), Mario (2), Marcos (2), Aitor (2), Nico Blanco (2), Dani (2), Borja (1), Jorge (1), Pablo (1), Álvaro (1), Nico Fuentes (1) y David (1).

Próxima semana, Santiago “A”.