Prebenxamín, 2º xornada

Fátima 2 – Santiago “A” 3

Goles: Álvaro e Marcos.

Partidazo o que fixeron os nenos de ambos equipos, encontro moi igualado e con moitas ocasións, os nosos dous goles foron moi bonitos, tanto a vaselina de Álvaro como a falta lanzada por Marcos. Dende aquí queremos destacar as paradas do porteiro do Santiago que foi claramente o mellor do partido.

A próxima xornada tocaría contra o Villestro “C” que se retirou da competición, polo que aproveitaremos a xornada de descanso para acudir a un torneo nos Tilos de fútbol sala.

Advertisements