Modestos, xornada 6

Fátima 3 – Zona Vella 2

Goles: Tomé , Roi e Sergio Nieves.

Partido moi disputado contra o ata esa xornada líder. Despois de ir gañando pola mínima unha boa parte da primeira parte un penalti permitiu empatar aos visitante, pero un bo saque de falta permitiu rematar a Roi e adiantarnos xusto antes do descanso.

Na segunda metade o partido volveuse moi físico, con moito contacto, moitas faltas e cada vez máis nervios. O gran gol de Sergio tras unha fantástica xogada individual parecía sentenciar o encontro, pero un remate de cabeza nos últimos minutos puxo emoción ao final.

Gran victoria para colocarse terceiros.

Próximo partido contra o Dubra “B”.

Advertisements