Torneo Stellae

Acudiron os nosos PB1 tanto os de Marcelo como os de Diego. Por outro lado os PB2 e os benxamíns tamén acudiron repartindo os rapaces en dous equipos.

PB1 Marcelo

Xogaron: Luis, Manu, Iván, Juanan, Breixo, Aarón, Ale e Telmo.

Xogaron na fase de grupos contra o Victoria “A”, Santiago Futsal e Boqueixón.

Perdendo os dous primeiros por 0-2 e 0-1 e gañando o último partido 1-0.

Na fase final de consolación derrotaron por 8-2 ao Rois para xogar a final contra o Fátima “B” de Diego aos que venceron por 5-0.

Quedando campións da consolación. Destacar que os 8 nenos do equipo marcaron gol durante os partidos.

PB1 Diego.

Xogaron: Kevin, Tomás, Pablo, Saúl, Hugo, Queitán, Nuno e Xabi.

Na fase de grupos xogaron contra Victoria “B”, Amio e Rois. Empatando o primeiro 0-0 o segundo perdendo 0-3 e gañando o último 2-0.

Na fase de consolación derrotaron en semifinales por 1-0 contra o Boqueixón e perdendo contra o Fátima “A” por 0-5 quedando subcampións.

PB2

No equipo Fátima xogaron: Marcos, Álvaro, Nico Blanco, Xabi, Borja, Brandan e Dani.

Na fase de grupos venceron 2-0 ao Burgo das Nacións, 3-0 ao Santiago Futsal, 3-0 ao Ventorrillo e 4-2 ao Salnés. Pasando como primeiros do seu grupo.

Nas semifinais enfrontáronse aos seus compañeiros aos que derrotaron por 1-0. Xa na final perderon contra o Ventorrillo por 0-4, quedando de este xeito subcampións.

 

No equipo Castiñeiriño xogaron: Jorge, Mario, Martín, David, Aitor, Iago e Pablo.

Na fase de grupos venceron por 1-0 ao Bertamiráns, 5-1 ao Órdenes, 3-1 ao Victoria e empatando contra o Amio 1-1 no último partido. Ao pasar de segundos xogaron as semifinais contra os seus compañeiros perdendo por 0-1.

No partido polo terceiro e cuarto posto perderon por 0-2 contra o Amio.

 

BENXAMÍN.

Acudiron repartidos en dous equipos.

Fátima A: Marcos, Pablo, Anxo Vilariño, Javi, Iago Otero, Anxo Sebio e Ale.

Fátima B: Anxo Liste, Hugo Vilaseco, Iago Baqueiro, Anxo Olveira, Iván, Noe, Xan e Hugo Rivas.

Os primeiros empataron 0-0, 1-1 e 1-1 contra o Victoria, San Lorenzo “B” e Bertamiráns e perdendo 1-0 contra o Amio. Na fase final perderon contra o San Lorenzo “A” por 1-5.

Os segundos empataron 1-1 contra o Pontecesures e caeron derrotados 1-3, 0-8 e 0-3 contra o San Lorenzo “A”, Victoria e Rois., quedando eliminados na fase de grupos.

Advertisements