Adeus a Pepín

foto40031Hoxe temos que dar a noticia que nunca quixésemos dar. Faleceu José Monteserín Díaz “Pepín”, unha institución no Club Atlético Fátima.

Todas as xeracións de xogadores do Club, desde a súa fundación, chorarán esta perda e gardarán sen dúbida algún grato recordo seu, por haberlles axudado nos seus inicios como xogadores de fútbol.

Desde a Xunta Directiva queremos agradecerlle tantos anos de dedicación ao Club e desexarlle que atope a paz da que creemos é merecedor pola súa bonhomía.

Enviamoslle un fraternal abrazo á súa esposa Quinolas e aos seus fillos María e José Luis, cos que compartimos a dor pola perda do ser querido.

Advertisements