Xuvenís, volta semifinais.

Despois do 2 – 2 do partido na casa, o partido de volta no Sergas esperábase tremendamente interesante e así foi.

FÁTIMA 1 – AMIO 0

Xogaron: Iván Vidal, Canosa, Martín, Urban, Alex, Diego, Iván Vázquez, Brais, Manu, Jeison e Iago. Entraron na segunda parte: Antón, Julio, Breixo e Abelleira.

Goles: Julio.

Despois dun partido moi disputado e con ocasións por ambos lados, chegouse aos últimos minutos de partido onde os nosos encerraron ao Amio por completo. Despois das numerosas perdas de tempo o árbitro engadiu seis minutos, sendo un córner a última xogada. Tras varios rebotes o balón deu na man dun xogador do Amio, sendo Julio o encargado de transformalo, chegados case ao minuto cen de partido.

A final será contra o Victoria. Noraboa!

Advertisements