Resultados 17-18/06

CATEGORÍA

LOCAL

VISITANTE

RES.

GOLES

MODESTOS (copa)

Zona Vella Fátima

3 – 1

Viqueira

XUVENÍL

CADETE

INFANTIL

ALEVÍN

BENXAMÍN

Torneo Abanqueiro / Torneo Dubra

Fátima A 2 – Santa Teresita 1

Fátima A 0 – Deportivo 1

Fátima A 0 – Santa Mariña 2

Fátima B 0 – Dubra A 3

Fátima B 2 – Tordoia 2

Fátima B 0 – Dubra B 0 (eliminados a penaltis)

PREBENXAMÍN

BIBERÓN

Torneo Culleredo

Fátima 3 – Victoria 1

Fátima 1 – San Tirso 2

Fátima 3 – Silva 0

Fátima 1 – Cambre 2

Días de poucos partidos pero todos destacables.

Os nosos biberóns tiveron a oportunidade de xogar o seu primeiro torneo de fútbol 8 en Culleredo onde o pasaron en grande nos 4 partidos. Noraboa e a aproveitar o verán despois do último adestramento do martes.

O benxamín A acudía a fase final do torneo de Abanqueiro despois de superar a fase previa o sábado anterior. Nos tres partidos da fase de grupos competiu moi ben merecendo algo máis de sorte no partido contra o Depor, onde un gol de córner nos minutos finais deixounos sen opcións. Partidos moi meritorios para este equipo formado por nenos de primeiro ano na súa maioría.

O benxamín B volveu a demostrar que este ano a sorte cos penaltis non está ao noso favor.

Por último a agardada final de copa dos nosos maiores estivo cargada de máis emoción e nervios que ocasións. O rival marcou de remate de córner no minuto 3 de partido, na única ocasión clara de toda a primeira parte dos dous equipos. Xa na segunda comezamos atacando para buscar o empate, pero na primeira oportunidade de contrataque que tiveron anotaron o segundo gol. Aínda así pronto anotamos o 1 – 2 e comezamos a ter os nosos mellores minutos. Ao quedar con 10 xogadores todo complicouse e tras unha clara ocasión de Forján que podía levarnos a prórroga, anotaron o definitivo terceiro gol no tempo de desconto.

Noraboa ao campión, e noraboa aos nosos que onte competiron en todo momento e demostraron o gran equipo que podemos ser. Agradecer a toda aficción que acudiu ao partido a animar, mostrando unha gran unión coma sempre. Deixamos unha foto previa ao partido cos 16 protagonistas, o corpo técnico, os lesionados Vidal Rey e a máis pequena da familia do Fátima. Para o ano máis equipo.

IMG-20170619-WA0000

Advertisements