Prebenxamíns

Ao tocar xornada de descanso na liga, participamos no XIV Torneo organizado polo San Francisco de Teo. Participamos nas categorías de PB2 e PB1.

Os PB1 quedaron eliminados na fase de grupos tras perder 0 – 5 contra os anfitrións, gañar por 4 a 1 ao Victoria e perder no último partido por 0 – 3 contra o Villestro.

Destacar os bos goles de Breixo e Manu e sobre todo o debut para 6 rapaces que xogaron os seus primeiros partidos connosco e seguro que lles serviron para coñecer o que lles espera a partir de agora na liga.

Os PB2 conseguiron ser campións despois dun bo torneo. Na fase de grupos derrotaron por 8 -0 ao Villestro e por 3 -0 ao San Lorenzo e empataron 3 – 3 contra ó Victoria.

Xa na fase final gañaron por 6 – 0 ao San Francisco de Teo en semifinales e na final por 3 -1 ao Victoria.

Destacar o bo xogo realizado por todos eles, marcando algún gol moi bonito como o de Mario ou o de Jorge. Tamén mención especial para Nico Blanco, que foi quen defendeu a portería na final realizando intervencións de moito mérito.

A próxima semana volve a liga de fútbol 8 contra o Xuventude de Oroso “B”.

12109787_1079695358707211_648789382943913659_o

Advertisements